jueves, 4 de diciembre de 2008

O HOME E A NATUREZA


Outra imaxe mais da natureza e home. Esta segunda, e unha especie de protesta xa que a veces o home non ten consideración en deixar lixo por calquer lado podendo incomodar ou ocasionar dano os seres que habitan nel.

O HOME E A NATUREZA

Primeira foto do traballo sobre o home e a natureza. Esta imaxe trata de expresar a beleza que aportan tanto unhas flores coma as mans dunha muller de mediana idade e que unidas ainda son mais belas

jueves, 20 de noviembre de 2008

Xente de Santiago de Compostela


Hoxe deixo unha foto do reportaxe que trata sobre a xente da miña cidade.


Seremos parecidos os portugueses ou será un mito???

Como vedes, non sempre chove nin hai sempre estudantes paseando polas rúas, tamén os nativos se deixan ver paseando entre os turistas.

martes, 11 de noviembre de 2008

NAS ALTURAS


Hoxe, 11 de novembro as 5 algo da tarde, aqui estaba eu nas alturas da residencia de Santiago.


Que caña!!!! A pena e que xa acabara se non xa volvia a repetir.

A foto foi sacada por miña compañeira Deborah e saleulle tan ben desenfocada que parezo unha mancha negra no ceo con cordas.

AREA DA PRAIA DO VILAR (Traballo de enfoque)

E aquí esta a 1ª foto do traballo de enfoque.

O meu parecer e a que mellor está, faltandolle un pouco de aire a imaxe polo lado inferior, pero ten nitidez, está ben contrastada e a mais apropiada para representar á area.


Foi feita na praia do Vilar (Ribeira).

lunes, 10 de noviembre de 2008

FOLLA DE OUTONO (Traballo de desenfoque)


Hoxe deixo aqui unha foto do traballo de desenfoque que para min e a que ten mais gracia das 3 desenfocadas que entreguei. Escollin o tema de outono xa que me pareceu o mais apropiado nesta epoca do ano.

A imaxe, como se pode apreciar, esta composta por unha folla dunha árbore e unha landra sobre auga reflexando o ceo.


jueves, 30 de octubre de 2008

1ª foto trabajo de luces sobre el tema CASA


A 1º e, para o meu parecer, a mellor foto do traballo sobre luces co tema casa escollido polo mestre.
Esta ventá pertence a unha casa en Belvís, que a verdade, iba de paseo e sen contar, atopeima, gustoume e saqueilla foto pa probar sorte.


lunes, 27 de octubre de 2008

Foto na Lúa


A miña primeira imaxe e unha dos tres montaxes que tivemos que facer.


Para a miña opinión e a mellor que me saleu e por iso a poño aqui.