domingo, 21 de junio de 2009

Chegou o verán

Tempo de lecer, de tomalas cousas con tranquilidade e disfrutar do bo tempo.

Imaxe sacada en Bande (Ourense)

viernes, 19 de junio de 2009

Noites de festa




Despois de dous adiantos aqui deixo algunhas mais fotos do proxecto final de procesos.

Algunhas fotos....




Xa remataron as clases e empezan as vacacións!!
Pero seguirei subindo fotos a este blog primeiro das que me quedan dos proxectos finales, como por exemplo estas, feitas para o proxecto de revelado e positivado.
Tratan sobre Santiago de Compostela 24 horas e aqui deixo estas 4 ordeadas cronolóxicamente ainda que salteadas no que ao proxecto total me refiro

lunes, 1 de junio de 2009

Pequeno adianto....


Unha das 12 imaxes que entregarei para o proxecto final de procesos.

viernes, 29 de mayo de 2009

Virados




Imaxes positivadas no laboratorio en branco e negro coma de costume, pero unha vez rematadas, foron viradas a distintas cores seguindo as fórmulas indicadas.
A primeira imaxe foi virada ao verde oliva, a segunda ao amarelo ao chumbo, a terceira ao vermello e a derradeira aqui posta ao azul claro. Pero non só quedan aqui estas catro, xa que tamen viramos a mais cores coma o sepia, selenio, azul escuro, traballamos con colorantes....

sábado, 16 de mayo de 2009

Retratos de épocas



Imaxes feitas en clase basadas en fotos dos anos 90, 70 e 20.


viernes, 1 de mayo de 2009

Autorretrato

Autorretrato feito coa intención de transmitir un rasgo da miña personalidade.

miércoles, 29 de abril de 2009

Cartel de cine

Cartel dunha pelílcula de terror creada a partir de varias imaxes co programa Photoshop CS2.

martes, 28 de abril de 2009

Serie de fotos






Secuencia de imaxes no que se xoga cos planos e encadenando todo para que o final se cerre o ciclo ca foto da que partimos.

martes, 14 de abril de 2009

Outra nocturna


Imaxe sacada na Coruña

domingo, 12 de abril de 2009

De festa en festa

Aqui tou, desfrutando destes dias de relax, pero sen olvidar as miñas tarefas pendentes. Esta imaxe ten algo que ver cunha proba de proxecto no que ando metida estos dias....

jueves, 26 de marzo de 2009

Reinterpretación

Traballo para Tratamento Dixital que consta de a partir de tres fotografías, coller a parte que mais nos guste ou chame a atención de cada unha e modificala según o aprendido no segundo trimestre.

Eu escollín a opción de coller unha tira de cada imaxe e facer esta especie de triptico nunha soa foto.

martes, 17 de marzo de 2009

2º exercicio rápido (Alegría)

Aqui vos deixo esta fotiño feita esta tarde.

sábado, 14 de marzo de 2009

Visita aos tellados da catedral


De novo volvo a subir algunhas imaxes da catedral de Santiago pero esta vez é porque hoxe pola tarde fomos de excursión coa clase hasta ali a velos tellados. Vaia vistas!! Eu sendo da cidade e nunca fora...

viernes, 13 de marzo de 2009

Algúns tipos de composición

Imaxes feitas sobre algunhas leis da composición. A primeira, destacar o obxecto de interese sobre o resto mediante a iluminación e a segunda, levar inconscientemente a vista do expetador o noso centro de interese mediante o xogo das liñas.

martes, 3 de marzo de 2009

Sentimentos

Imaxes sobre os sentimentos de: Angustia, Pasión, Misterio e Tranquilidade.



jueves, 19 de febrero de 2009

Fotografía nocturna (B/N)



Película Ilford Panf Plus ISO 50 forzada a ISO 1600 con tempos de exposición de 45 segundos.

miércoles, 11 de febrero de 2009

Relato Misterioso (O reflexo)

Imaxes realizadas a partires de escoitar un breve relato.

miércoles, 4 de febrero de 2009

Foto aérea de Madrid

E seguindo o traballo das cámaras especiais, hoxe vai unha imaxe tomada dende o avión no meu viaxe a Madrid nestes días anteriores.

sábado, 31 de enero de 2009

2ª panorámica


Imaxe dende o mirador da Curota (Pobra do Caramiñal)

jueves, 29 de enero de 2009

1ª panorámica


Panorámica dende o Monte do Gozo (Compostela)




martes, 20 de enero de 2009

Cando nevou en Santiago!





Fotos sacadas no mirador de Fontiñas o día 9 de xaneiro.

martes, 6 de enero de 2009

Excursión a Vigo


Xa estamos a 6 de xaneiro do 2009.... e ta ao caer de novo as clases, como pasan de rápido as vacacions.

E mirando fotos, aqui vos deixo unha en grupo da xente que foi a última excursión ata a fecha a Vigo.