martes, 11 de noviembre de 2008

NAS ALTURAS


Hoxe, 11 de novembro as 5 algo da tarde, aqui estaba eu nas alturas da residencia de Santiago.


Que caña!!!! A pena e que xa acabara se non xa volvia a repetir.

A foto foi sacada por miña compañeira Deborah e saleulle tan ben desenfocada que parezo unha mancha negra no ceo con cordas.

AREA DA PRAIA DO VILAR (Traballo de enfoque)

E aquí esta a 1ª foto do traballo de enfoque.

O meu parecer e a que mellor está, faltandolle un pouco de aire a imaxe polo lado inferior, pero ten nitidez, está ben contrastada e a mais apropiada para representar á area.


Foi feita na praia do Vilar (Ribeira).

lunes, 10 de noviembre de 2008

FOLLA DE OUTONO (Traballo de desenfoque)


Hoxe deixo aqui unha foto do traballo de desenfoque que para min e a que ten mais gracia das 3 desenfocadas que entreguei. Escollin o tema de outono xa que me pareceu o mais apropiado nesta epoca do ano.

A imaxe, como se pode apreciar, esta composta por unha folla dunha árbore e unha landra sobre auga reflexando o ceo.